Infórmate > Noticias 

Noticias 

APACAF obtén o selo de ONG Acreditada de Fundación Lealtad
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

03/11/2017

Acredita así a súa Transparencia e Boas Prácticas na xestión

1 de 1

A Fundación Lealtad, institución independente e sen ánimo de lucro, outorgou o Selo ONG Acreditada a APACAF. Trátase dun distintivo estatal que recoñece o cumprimento de 9 Principios de Transparencia e Boas Practicas de xestión. Ademais, axuda a identificar de forma clara e sinxela a aquelas ONG que ofrecen información completa sobre a súa xestión e actividades e sobre a orixe e destino dos seus fondos.

Segundo a análise realizada pola Fundación Lealtad, APACAF cumpre integramente os nove principios de Transparencia e Boas Prácticas. Un equipo de analistas avaliaron diferentes aspectos da entidade como o bo funcionamento do órgano de goberno, o uso eficaz dos seus recursos, se a súa comunicación é fiable, así como a coherencia das súas actividades coa súa misión.

Para a presidenta de APACAF, Mª José Ferradáns Villar, lograr este distintivo de confianza supón “ unha garantía para as familias socias e para os financiadores da boa xestión da entidade e vai ser unha vantaxe competitiva á hora de solicitar axudas nunha sociedade cada vez máis esixente”.

A acreditación co selo de Transparencia e Boas Prácticas supón un fito máis para APACAF no proceso de mellora continua que iniciou no ano 2008 coa concesión da certificación de calidade ISO 9001 e co compromiso coa Excelencia Europea (EFQM) acadado en 2011.

Arquivada en:

Infórmate > Novas

MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

  • Fundacion Lealtad Calidad Calidad Calidad Calidad
  • Centros de Apoio Familiar
  • Rúa Pracer 5, 3º B
    36202 Vigo
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 226 647
    info@apacaf.org
  • A Braña

    Lugar Pereiro 18. Berres
    36688 A Estrada
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 587 475
  • A Penagrande

    Lugar A Penagrande 1. Laxe
    36668 Moraña
    (Pontevedra)
    Teléfono: 606 906 781
  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao
    mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

    Logo Edisa Logo FBarrie Logo EDISA