FUNDITEA > FINS E ACTIVIDADES

FINS E ACTIVIDADES

FINS:

Son fins estatutarios de FUNDITEA:

  1. Como entidade tutelar, asumir o exercicio da tutela ou outras figuras xurídicas de garda e protección, e a administración de bens de persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA,  legalmente incapacitadas.
  2. Promover e xestionar recursos residenciais, de ocio e tempo libre e de rehabilitación psico-social e laboral que contribúan ó benestar ou a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA.
  3. Xerar emprego, mediante cualquera forma legal, protexido ou non, para a integración laboral das persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA.
  4. Promover a formación nos seguintes eidos:
  • Promoción e realización de iniciativas relacionadas coa investigación sobre discapacidade e especialmente sobre o Trastorno do Espectro Autista, que poidan axudar na mellora da calidade de vida deste colectivo
  • Promover a formación de profesionais cualificados  relacionados con este sector o con outros ámbitos, particularmente os que teñen unha maior influencia na calidade de vida destas persoas  (escolar, sanitario, empresarial...), así como doutras persoas que desexen máis formación sobre estes aspectos.
  • Formación social, laboral e académica de persoas con discapacidade, con especial atención a  persoas  con TEA
  • Orientación laboral e social  necesaria para acadar o maior nivel de integración laboral e social das persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA
  • Formación a familias de persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA.
  • Orientación e asesoramento a familias de persoas con discapacidade, con especial interese aquelas con TEA, para que teñan acceso ós recursos máis axeitados ás súas necesidades
  1. Difusión  social  dunha imaxe positiva e normalizada do concepto de discapacidade como “diversidade funcional” tal como se define na CIF: Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da  Saúde. OMS. IMSERSO.  2001.
ACTIVIDADES:
  1. Levar a cabo cantas actuacións xurídicas, administrativas o doutra índole que pudera exigir a protección do interés vital das persoas con discapacacidade e especialmente aquelas con TEA.
  2.  Buscar o patrocinio de empresas e doutras entidades, e establecerá a necesaria colaboración coas diferentes Administracións Públicas, a fin de promover e apoiar a creación de recursos de atención residencial, de ocio e tempo libre  e de rehabilitación psicosocial e laboral, e  outros que contribúan á integración social das persoas con discapacidade, particularmente aquelas con TEA .
  3.  Asumir un papel activo no apoio á contratación e promoción de emprego de persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA, así como da súa orientación e formación laboral
  4. Promover todas aquelas actividades formativas  de interese para acadar a integración social deste colectivo, tales como xornadas, cursos, simposiums, publicacións, etc.
  5. Apoiar e promover todas aquelas accións que contribúan a unha maior difusión social dunha imaxe integradora e normalizada
  6. En xeral, desenvolver  todas aquelas actividades encaminadas ó cumprimento dos seus fins.
      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos
  • Fundacion Lealtad Calidad Calidad Calidad Calidad
  • Centros de Apoio Familiar
  • Rúa Pracer 5, 3º B
    36202 Vigo
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 226 647
    info@apacaf.org
  • A Braña

    Lugar Pereiro 18. Berres
    36688 A Estrada
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 587 475
  • A Penagrande

    Lugar A Penagrande 1. Laxe
    36668 Moraña
    (Pontevedra)
    Teléfono: 606 906 781
  • O desenvolvemento desta WEB foi posible grazas ao
    mecenado da Fundación Barrié e a RSC de Edisa

    Logo Edisa Logo FBarrie Logo EDISA