Noticias 

© APACAF | 16/01/2017 | Partido_Benéfico_1

APACAF recibe unha doazón de 1.700€ polo partido benéfico

Estes fondos destinaranse á aula de diagnóstico do centro A Braña

05/03/2017

O CD Berres fixo entrega a APACAF do importe recadado polo partido de fútbol benéfico celebrado o 30 de decembro entre o Pontevedra CF e o SD Compostela. A recadación acadou os 1.700€ que APACAF destinará á creación dunha aula de diagnóstico no centro A Braña.

O partido de fútbol benéfico tivo lugar o 30 de decembro no estadio municipal da Estrada e rematou con empate a 3 goles. O CD Berres organizou este evento solidario en favor de APACAF contando coa colaboración do Concello de A Estrada, da Asociación de Comerciantes de A Estrada (ACOE), e dos propios equipos de fútbol Pontevedra CF e SD Compostela.

O acto de entrega dos fondos recadados tivo lugar o 15 de xaneiro durante o encontro entre o CD Berres – Amio, que rematou cun 4-1 a favor do equipo estradense. 

Arquivada en:
Infórmate > Novas
Que facemos > Programas | Proxectos | Servizos Anteriores > Actividades > FILA 0. Partido de Fútbol Benéfico a favor das Persoas con Autismo do Centro A Braña (Berres)