Noticias 

© APACAF | 04/09/2017 | CAMPAMENTOS_EN_BERRES_2017

Finalizan os campamentos de verán de APACAF

Rapaces de toda Galicia disfrutaron duns días de descanso en Berres

03/11/2017

Durante todo o mes de agosto APACAF desenvolveu os seus campamentos de verán que acolleron no centro A Braña, na parroquia de Berres, a rapaces con autismo procedentes de toda Galicia. Un total de 34 usuarios disfrutaron das actividades de lecer e tempo libre coma tódolos anos facendo 4 turnos dunha semana.

Os rapaces que viven no centro compartiron cos compañeiros que participaron nos campamentos de verán uns días de lecer e convivencia.

Nestes campamentos os rapaces realizan actividades de ocio dirixidas a fomentar o seu benestar emocional e físico no entorno natural privilexiado que lles ofrece o centro A Braña.  Realízanse actividades terapéuticas como talleres de musicoterapia, estimulación sensorial ou relaxación; actividades na natureza como sendeirismo ou práctica de deportes adaptados, ou actividades sociais como a celebración de festas ou saídas ao entorno e cafeterías. Sen esquecer o contacto directo coa natureza axudando no coidado da horta ecolóxica do centro.

Todos os anos a entidade organiza  tamén saídas e excursións a lugares da contorna, para promocionar e dar a coñecer a zona da Estrada entre estes xóvenes e as súas familias. Este ano os rapaces visitaron a Torre de Guimarei da Estrada e as Illas de Gres, entre os concellos de Vila de Cruces e Boqueixón. En anos anteriores APACAF organizou visitas a outros puntos turísticos da Estrada como o Pazo de Oca, Sabucedo ou Ximonde.

APACAF organiza estes campamentos de verán dende hai máis de 20 anos, no inicio das súas actividades no ano 1988. 

Arquivada en:
Infórmate > Novas