Infórmate > ¿Que é o autismo?

¿Que é o autismo?

Cando falamos de autismo e de persoas con autismo estamos falando de un conxunto de alteracións semellantes, pero cuxa manifestación varía moito en grao e forma duhnas persoas a outras. Polo tanto, a idea de tomar o autismo como un continuo (espectro) máis que como unha categoría única, axúdanos a entender que cando falamos de autismo e outros trastornos xeneralizados do desenvolvemento estamos empregando términos comúns para falar de persoas moi diferentes.

O término "Espectro Autista" foi emregado por primeira vez por Lorna Wing e Judith Gould no ano 1979. Lorna Wing expuxo en 1988 que as persoas situadas no espectro presentan:

  • Trastorno nas capacidades de recoñecemento social.
  • Trastorno nas capacidades de comunicación social.
  • Patróns repetitivos de actividade, tendencia á rutina e dificultades na imaxinación social.

Na actualidade, esta tríada está sendo revisada polo novo manual de diagnóstico DSM-V que a resume en dúas categorías de síntomas:

  • deficiencias na comunicación social
  • comportamentos restrinxidos e repetitivos

¿CÁL É A CAUSA DO AUTISMO?

Os científicos coinciden en establecer que os síntomas do trastorno do espectro do autismo son o resultado de alteracións xeralizadas do desenvolvemento de diversas funcións do sistema nervioso central.
A causa, ou causas, están aínda por descubrir. Está claro que non se trata de unha causa biolóxica única, senon que hai que considerar que hai varios factores que poden estar implicados. Na maioría dos casos hai que considerar factores hereditarios. Sen embargo, os xenes por si sós non poden explicar todas as variacións que se dan dentro do espectro do autismo. Hai que ter en conta a interacción entre o potencial xenético e o entorno biolóxico antes e durante o nacimento.
Noutros casos existe xa unha gran relación entre o trastorno do espectro do autismo e algunhas patoloxías xenéticas como fenilcetonuria, esclerosis tuberosa, neurofibromatosis, Fraxilidade X
En calqueira caso a evidencia dun mecanismo causal biolóxico e orgánico no autismo é aplastante. Está demostrado que non hai ningunha relación causal entre as actitudes e as actuacións dos pais e nais e o desenvolvemento dos trastornos do espectro autista

 

AUTISMO ATÍPICO

Diagnóstico reservado para aquelas persoas que manifestan os síntomas característicos do autismo en dous das tres áreas clave (desenvolvemento social, desenvolvemento da linguaxe e desenvolvemento do xogo) pero que non presentan os síntomas da terceira.

 

SINAIS DE AVISO

A variabilidade entre os Trastornos do Espectro Autista é moi grande, sen embargo poden encontrarse indicadores tempranos no desenvolvemento do neno ou nena que farían recomendable un estudio diagnóstico exhaustivo que confirmase ou descartase as posibles sospeitas
Se o neno ou nena amosase algun destes indicadores, sería recomendable iniciar canto antes o proceso de evaluación e diagnóstico.

Cara os 12 meses
- Non balbucea
- Non fai xestos como sinalar coa man, amosar obxectos ou saudar
- Non recoñece o seu nome

Cara os 18 meses
- Non di palabras sinxelas.

Cara os 24 meses
- Non dic frases espontáneas de duas palabras con significado (sen imitar ou repetir o que dixeron outros)
- Non manten un contacto ocular adecuado e presenta dificultades para seguir estímulos coa mirada
- Non comparte intereses nin expresa pracer compartido nas relacións con outros
- A cualquera idade preséntanse pérdidas na fala, no balbuceo ou en habilidades sociais

Etapas posteriores
Ademáis, é importante manter unha adecuada vixilancia do desenvolvemento dos nenos e nenas en etapas posteriores, xa que en algúns casos os síntomas non se manifestan de maneira clara ate que son máis maiores. Sería recomendable realizar unha evaluación específica para descartar a presencia dun TEA no caso de nenos e nenas que:

Presenten dificultades na comunicación:
- A linguaxe ten un desenvolvemento limitado
- A entonación é rara ou inadecuada
- O vocabulario é inusual para a súa idade, moi sofisticado ou incluso pedante
- Presenten unha forte tendencia a falar só sobre temas específicos do seu propio interese
- Teñan dificuldades nas relacións sociais:
- Teñan dificuldades para relacionarse cos demáis, especialmente co nenos ou nenas de súa idade.
- Presenten graves dificultades para comprender as normas sociais e adaptarse a elas.
- Teñan dificuldades para entender os sentimentos doutras persoas e poñerse no seu lugar.
- Presenten intereses, actividades e consultas limitadas e ríxidas:
- Estean fascinados por algún tema en particular e acumulen moita información sobre el, sendo difícil que se interesen ou falen doutras cousas.
- Teñan dificultades significativas para desenvolverse en situacións novedosas, ou cando se producen cambios no seu entorno.

 

PREVALENCIA

Independentemente da cultura e clase social os estudos converxen a hora de establecer que en todo o mundo 5 de cada 10.000 persoas presentan un cadro de "autismo clásico", pero se tomamos en consideración todo o “espectro do autismo”, encontrámonos con que afecta a 1 de cada 286 persoas e está a sufrir un alarmente incremento da taxa de casos identificados. Non está claro se isto representa un incremento real da incidencia, se é un efecto das modificacións dos criterios diagnósticos, se é que os profesionais teñen unha maior conciencia do Trastorno Espectro Autista- TEA ou se é que se efectúan diagnósticos pouco estrictos.
Estudios epidemiolóxicos recentes realizados en Europa e Estados Unidos apuntan a unha prevalencia de 1 caso de TEA por cada 150 nenos/as en idade escolar.
Neles tamén se confirma que se presentan de maneira máis frecuente nos homes que nas mulleres, (nunha proporción de 4:1), e que non existen diferencias en canto a súa aparición nas distintas culturas ou clases sociais

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
  • Fundacion Lealtad Calidad Calidad Calidad Calidad
  • Centros de Apoio Familiar
  • Calle Placer 5, 3º B
    36202 Vigo
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 226 647
    info@apacaf.org
  • A Braña

    Lugar Pereiro 18. Berres
    36688 A Estrada
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 587 475
  • A Penagrande

    Lugar A Penagrande 1. Laxe
    36668 Moraña
    (Pontevedra)
    Teléfono: 606 906 781
  • El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
    mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa

    Logo Edisa Logo FBarrie Logo EDISA