Vacacións 2017 en Sanxenxo

Uns días de descanso á beira do mar

Desde - Hasta: 12/05/2017 - Actualmente

Un grupo de usuarios do servizo de residencia do centro A Braña disfrutaron duns días de vacacións en Portonovo, Sanxenxo. Estiveron aloxados no hotel Galatea do 8 ao 11 de maio, onde puideron disfrutar dunhas magníficas instalacións como a piscina e o spa. Tamén tiveron oportunidade de tomar o sol e bañarse na praia e realizaron outras actividades de ocio e de contacto coa natureza como paseos á beira do mar ou visitar localidades próximas como Sanxenxo e Portonovo. 

Esta actividade  foi subvencionada polo IMSERSO e organizada pola Confederación Autismo España.