Noticias 

© APACAF | 06/04/2018 | Mesa_informativa_Moraña_2018

Mesa informativa sobre o autismo en Moraña

20/06/2018

Dentro dos actos programados para conmemorar o Día Mundial do Autismo, APACAF desenvolveu unha mesa informativa sobre o Trastorno do Espectro Autista no concello de Moraña.

A actividade tivo lugar o venres 6 de abril na carballeira co casco urbano coincidindo coa feira quincenal do concello, para chegar a un maior número de persoas.

Repartíronse globos azuis e folletos con información sobre o autismo, sobre a entidade e sobre o centro A Penagrande, ubicado na parroquia de San Martiño de Laxe. Dentro da xornada informativa fíxose lectura do manifesto do Día Mundial do Autismo e realizouse un acto simbólico de romper as barreiras polo autismo.

A pesar da chuvia e o mal tempo numerosos veciños se achegaron á mesa informativa para coñecer o centro e as súas actividades.

APACAF desenvolveu esta actividade en colaboración co concello de Moraña

Arquivada en:
Infórmate > Novas