Noticias 

© APACAF | 19/09/2018 | Campamentos_2018

Campamentos de verán 2018

Días de descanso en Berres

19/09/2018

APACAF desenvolveu durante todo o mes de agosto de 2018 os seus campamentos de verán que acolleron durante varias semanas no centro A Braña, na parroquia de Berres, a rapaces con autismo procedentes de toda Galicia. Un total de 34 usuarios do centro desfrutaron durante todo do mes de agosto das actividades de lecer e tempo libre que organiza APACAF tódolos anos.

Os xóvenes que participaron nos campamentos compartiron cos compañeiros que viven no centro uns días de lecer.

Nestes campamentos os rapaces realizaron actividades de ocio dirixidas a fomentar o seu benestar emocional e físico no entorno natural privilexiado que lles ofrece o centro A Braña.  Realizáronse actividades terapéuticas como talleres de musicoterapia, estimulación sensorial ou relaxación; actividades na natureza como sendeirismo ou práctica de deportes adaptados, ou actividades sociais como a celebración de festas ou saídas ao entorno e cafeterías. Sen esquecer o contacto directo coa natureza axudando no coidado da horta ecolóxica do centro.

Todos os anos a entidade organiza  tamén saídas e excursións a lugares da contorna. Este ano os rapaces visitaron o Santiaguiño do Monte e o xardín botánico de Padrón e visitaron o Pazo de Anzuxao en Lalín, onde puideron comprobar cómo se elaboran os queixos de xeito artesanal.

APACAF organiza estes campamentos de verán dende hai máis de 20 anos, no inicio das súas actividades no ano 1993.

Arquivada en:
Infórmate > Novas