Noticias 

© APACAF | 28/09/2018 | Visita_Manolo_Paz_1

APACAF visita a exposición de arte de Manolo Paz

28/09/2018

Un grupo de usuarios do centro A Penagrande visitaron o pasado 27 de setembro a Fundación Manolo Paz Arte Contemporánea, en Cambados. Os rapaces puideron desfrutar da exposición de arte na natureza. Na visita, organizada por APACAF en colaboración con FUNDITEA, os rapaces fixeron un  percorrido por todas as instalacións onde puideron tocar e interaccionar coas pezas de arte e co espazo natural, nun ambiente de paz e harmonía coa natureza.

O propio artista e escultor cambadés, Manolo Paz, acompañou aos rapaces e monitores durante todo o percorrido facendo unha presentación e explicación da obra exposta.

Segundo manifesta a propia Fundación Manolo Paz a exposición “acolle no seu seo o taller do escultor de Cambados, así como un grande espazo dedicado á exposición de obra dominado pola impoñente conxunción de arte e natureza

A Fundación Manolo Paz recibe visitas de todo o mundo e a súa filosofía é acercar dun xeito didáctico a arte contemporánea ás novas xeracións a través de visitas, obradoiros, etc.

     

Arquivada en:
Infórmate > Novas