Noticias
© Federación Autismo Galicia | 01/12/2016 | Calendario_2017
Os rapaces de APACAF no calendario 2017 para celebrar o Día da Discapacidade
04/03/2017
O día 3 de decembro é o Día Internacional da Discapacidade. APACAF súmase á campaña de sensibilización de Autismo Galicia na que se pretende destacar as capacidades e fortalezas das persoas con discapacidade, en especial con autismo.
Con este obxectivo A Federación Autismo Galicia presentou o calendario “Un espectro, múltiples capacidades”, no que aparecen fotografías de varios usuarios de APACAF.
O almanaque recolle, baixo a mirada creativa e respetuosa dos fotógrafos La Diapo, Esteban de la Iglesia e Manu Suárez, instantáneas de trece persoas con autismo, pertencentes a varias entidades asociadas a Autismo Galicia.
A creatividade, a curiosidade, a paixón, a sinceridade, a perseverancia, a alegría… son algunhas das fortalezas que quedan retratadas nestas imaxes realizadas no seu entorno de traballo, nos colexios, residencias e mesmo nas súas propias casas.
Arquivada en:
Infórmate > Novas