Noticias 

© APACAF | 06/02/2017 | Xornada_discapacidade

APACAF participa nunha xornada sobre diversidade funcional

Organizada polo CIFP A Xunqueira

06/03/2017

APACAF participou o pasado 3 de febreiro no "II Encontro sobre diversidade, dependencia e igualdade de condicións" organizado polo CIFP A Xunqueira de Pontevedra e o CIFP (Centros de Integrados de Formación Profesional)

Os profesionais de APACAF Lucía Cacheda e Antonio Fariña participaron na mesa redonda sobre a “Metodoloxía da promoción da autonomía no ámbito institucional e asociativo”, aportando a experiencia do centro A Braña na atención psicosocial a persoas con autismo.

Na mesa redonda participaron outras entidades do ámbito da discapacidade como Xoan XXIII, AMENCER, ALBA e Cruz Vermella, ademais contouse coa testemuña de persoas en situación de dependencia que aportaron a súa valoración sobre o apoio psicosocial.

A xornada contou cun panel de terapias e actividades complementarias. Abordáronse temas como “A banda deseñada e a diversidade”, a cargo do ilustrador Kiko da Silva, ou  “O poder terapéutico da música” a cargo da Asociación Galega de musicoterapia “AGAMUS”.

A xornada pechouse cun monólogo sobre “ O humor dende outra visión” a cargo de Yésica Val.

Arquivada en:
Infórmate > Novas