Noticias 

© APACAF | 26/12/2016 | Acordo_centro_médico

APACAF asina un acordo co servizo de atención primaria da Estrada

Para mellorar a atención ás persoas con autismo

04/03/2017

APACAF asinou un acordo de colaboración co servizo de atención primaria da Estrada co obxectivo de mellorar a atención ás persoas con Trastorno do Espectro Autista. A sinatura do acordo ven a formalizar unha colaboración existente dende hai anos entre ambas entidades.

Responsables do servizo de atención primaria do ambulatorio da Estrada visitaron as instalacións do centro A Braña para asinar o acordo de colaboración e coñecer aos usuarios no seu ámbito natural. Visitaron o centro, entre outros profesionais, Juan Sáchez, xefe do servizo,  e  Josefa Gerpe, doutora de cabeceira dos usuarios do centro A Braña.

APACAF e o servizo de atención primaria da Estrada fixeron tamén un recoñecemento mutuo das boas prácticas coas persoas con TEA.

O servizo de atención primaria de A Estrada ten varios premios e recoñecementos polos servizos que ofrece e a atención prestada aos seus usuarios. APACAF é testemuña directa dos bos servizos prestados dende este centro médico, xa que os rapaces do centro A Braña sempre recibiron unha atención excelente. O centro médico está ademais adaptado ás necesidades das persoas con autismo e conta con todas as súas instalacións pictogramadas.

Arquivada en:
Infórmate > Novas