Vacacións 2016

Programa financiado polo IMSERSO

Desde - Hasta: - 31/03/2017

Os usuarios do servizo de residencia do centro A Braña disfrutaron duns días de vacacións en Portonovo, Sanxenxo. Este ano aloxáronse no hotel Canelas do 9 ao 13 de maio e aínda que o mal tempo non deixou que puideran bañarse na piscina ou na praia, si puideron disfrutar do entorno natural. Realizaron actividades de ocio e de contacto coa natureza como paseos á beira do mar e tamén de integración social como ir á bolera, ao mercadiño semanal ou de compras.

Esta actividade foi subvencionada polo IMSERSO e organizada pola Confederación Autismo España.