Noticias 

© APACAF | 16/04/2018 | Mesa_informativa_AEstrada_2018_1

Mesa informativa sobre o autismo na Estrada

21/05/2018

Dentro dos actos programados para conmemorar o Día Mundial do Autismo, APACAF desenvolveu unha mesa informativa sobre o Trastorno do Espectro Autista no concello de A Estrada.

A actividade tivo lugar o sábado 14 de abril  no Novo Mercado da Estrada.

Repartíronse globos azuis e folletos con información sobre o autismo, sobre a entidade e sobre o centro A Braña, ubicado na parroquia estradense de Berres. Dentro da xornada informativa fíxose lectura do manifesto do Día Mundial do Autismo e realizouse un acto simbólico de romper as barreiras polo autismo ao que asistiron representantes da corporación municipal do concello da Estrada, veciños e familias.

Aproveitouse a actividade para promocionar o concerto benéfico que se desenvolverá o domingo 29 de abril no Teatro Principal da Estrada.

Arquivada en:
Infórmate > Novas