Noticias 

© APACAF | 09/04/2019 | Mesa_AEstrada_2019_1

Mesa informativa en A Estrada

19/05/2019 | A Estrada

Dentro dos actos programados para conmemorar o Día Mundial do Autismo, APACAF desenvolveu unha mesa informativa sobre o Trastorno do Espectro Autista no concello de A Estrada o sábado 6 de abril no Novo Mercado da vila.

A actividade principal da mesa informativa foi unha sesión de intervención asistida por animais na que participaron “Aya” e “Gala”, dous cans de terapia que colaboran coa entidade, que amosaron o seu traballo a todos os presentes.

Dentro das actividades programadas fíxose lectura do manifesto do Día Mundial do Autismo no que participaron os representantes dos grupos políticos do concello que asistiron á mesa informativa. 

Repartíronse globos azuis e folletos con información sobre o autismo, sobre a entidade e sobre o centro A Braña, ubicado na parroquia estradense de Berres.  Para a organización desta mesa informativa APACAF contou coa colaboración do concello da Estrada.

Arquivada en:
Infórmate > Novas