Noticias 

© APACAF | 09/04/2019 | Visita_TVG_1

A TVG visita o centro A Braña

18/08/2019

Un equipo da TVG (Televisión de Galicia) visitou o centro A Braña de APACAF o pasado 2 de abril co obxectivo de gravar imaxes para unha noticia do Telexornal da cadea pública, con motivo da celebración do Día Mundial do Autismo. Os xornalistas visitaron o centro e compartiron as actividades cos usuarios do centro para coñecer o seu día a día e as súas inquedanzas. Entrevistaron a varios usuarios e profesionais para incluír na noticia as súas declaracións.

Non é a primeira vez que un equipo de televisión visita o centro. No ano 2016 o centro A Braña protagonizou tamén unha noticia no Telediario de TVE1 con motivo do Día Mundial do Autismo e unha reportaxe no programa “A Revista” de TVG.

Enlace á noticia emitida no Telexornal da TVG o 2 de abril de 2019

Arquivada en:
Infórmate > Novas