Noticias 

© APACAF | 09/04/2019 | Mesa_Moraña_2019_1

Mesa informativa en Moraña

19/05/2019 | Moraña

Dentro dos actos programados para conmemorar o Día Mundial do Autismo, APACAF desenvolveu unha mesa informativa sobre o Trastorno do Espectro Autista no concello de Moraña.

A actividade tivo lugar o venres 5 de abril na carballeira co casco urbano coincidindo coa feira quincenal do concello, para chegar a un maior número de persoas.

Un grupo de alumnos do CPI Santa Lucía de Moraña visitaron a mesa informativa de APACAF, onde recibiron información sobre o Trastorno do Espectro do Autismo e asistiron a unha sesión de intervención asistida por animais protagonizada por “Aya” e “Gala”, dous cans de terapia que colaboran ca entidade.

Para rematar a xornada fíxose lectura do manifesto do Día Mundial do Autismo na que participaron  a alcaldesa de Moraña, Mª Luisa Piñeiro, e a presidenta de APACAF, Mª José Ferradáns Villar

Repartíronse globos azuis e folletos con información sobre o autismo, sobre a entidade e sobre o centro A Penagrande, ubicado na parroquia de Santo Martiño de Laxe.  Para a organización desta mesa informativa APACAF contou coa colaboración do concello de Moraña.

Arquivada en:
Infórmate > Novas