Noticias 

© AUTISMO GALICIA | 15/06/2017 | Allariz_xuño_2017

Campamento de terapia con asnos en Allariz

15/07/2017

Un grupo de usuarios de APACAF participaron nun campamento de terapia con asnos en Allariz, do 5 al 10 de xuño de 2017, nas instalacións da asociación ANDREA.

A terapia con asnos ten beneficios a nivel físico, físico e de comunicación para as persoas con autismo grazas á interacción co animal, mediada por terapeutas especializados. Neste campamento realizáronse actividades terapéuticas con burros ademais doutras actividades de ocio e tempo libre como senderismo, paseo en catamarán polo rio Miño ou excursións a lugares de interese.

A Asociación ANDREA traballa no seu Centro de Terapia Asistida con Asnos para persoas en desventaxa física, psíquica e/ou social na Rehabilitación cognitiva, física e emocional/afectiva da persoa.

Este programa de terapia con asnos no que participaron os usuarios de APACAF foi organizado pola Federación Autismo Galicia e subvencionado polo Ministerio de Sanidad y Asuntos Sociales e pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

 

Arquivada en:
Infórmate > Novas