Noticias 

© APACAF | 18/07/2017 | Da_horta_ao_paladar

Da horta ao paladar

Ceas solidarias a favor de APACAF

03/09/2017

Carlos Pujol, veciño do centro A Braña e colaborador habitual, está a organizar este verán visitas  guiadas  ao lugar onde vive con varios obxectivos:  colaborar con APACAF doando a aportación económica dos invitados,  poñer en valor unha maneira de vivir cunha alimentación sana nun recuncho do mundo de enorme beleza como é a comarca do río Ulla e ofertar aos seus invitados a oportunidade de probar unha gastronomía vexetariana  saborosa e moi especial que non se atopa en ningún restaurante.

O sábado día 15 de xullo tivo lugar a primeira visita, e haberá máis durante o verán. As prazas son limitadas e o verán rematará pronto, por iso recomendamos  aos que esteades interesados que chamedes axiña para concertar unha experiencia única.

Os fondos recadados irán dirixidos ao remate da aula multiusos no centro A Braña que esperamos poder inaugurar no outono.

Arquivada en:
Infórmate > Novas