Noticias 

© APACAF | 20/06/2019 | Taller de expresión artística1

Taller de expresión artística

19/08/2019

Os usuarios de APACAF puideron desenvolver a súa faceta artística unha vez máis cun taller de expresión artística.

Larissa, unha voluntaria estudante de Ciencias Políticas da Universidade de SciencesPo de Francia, desenvolveu en APACAF un proxecto de expresión artística durante o mes de xuño no que os protagonistas foron os usuarios do centro A Braña, na Estrada e  do centro A Penagrande, en Moraña.

Realizáronse actividades variadas como collages con recortes de revistas, pinturas acrílicas, figuras de barro, e incluso un mural con tiza no chan onde os rapaces puideron dar renda solta á súa imaxinación.

O obxectivo do taller era a expresión artística e emocional a través da arte, desenvolvendo tamén as súas habilidades comunicativas e sociais.

Gracias, Larissa!!

               

Arquivada en:
Infórmate > Novas