Aula Multiusos

Habilitamos un local para unha aula multiusos no centro A Braña

Desde - Hasta: 04/04/2017 - Actualmente

Ante as moitas necesidades que van medrando día a día, acordamos habilitar un local que tiñamos na finca para usos agrícolas.
Os novos usos que lle queremos dar requiren un acondicionamento de interior e exterior, illamento, calefacción, equipamento.
Entre estes novos usos podemos contar:

  • Novo servizo de orientación e diagnóstico moi necesario na Estrada e a súa contorna
  • Atención a familias 
  • Charlas e reunións sobre medio ambiente e outros temas que poidan xurdir

COFINANCIAZÓN ACADADA:

FINSA
Esta empresa madeireira fixo un donativo de material para o recubrimento de exteriores, interiores e solado

Luís Ruibal Rodríguez
Proxecto de arquitectura da aula multiusos 

CD BERRES
Organización dun partido de Fútbol solidario entre os equipos SD Compostela e Pontevedra CF no mes de Nadal de 2016, cuxa recadación foi destinada ao acondicionamento desta aula

Concerto Benéfico Día Mundial do Autismo

Neste concerto benéfico organizado por APACAF colaboraron as seguintes agrupacións: Coral Polifónica de Berres, Coral Polifónica Estradense, agrupación de acordeóns Os Lóstregos e Aqua Música e colaboradores de Ourense. A recaudación irá destinada ao acondicionamento da aula multiusos.