O noso compromiso coa calidade

Co obxectivo de ofrecer mellorar a calidade de vida dos usuarios e de ofrecer un servizo de calidade, en APACAF pensamos que tiñamos moito que aprender sobre xestión do mundo empresarial e comezamos un camiño de mellora da calidade na xestión para así poder satisfacer mellor as necesidades das persoas con autismo e as súas familias.

No ano 2007 comezamos a formación para acadar a certificación ISO 9001 co finanzamento da antiga Fundación Caixa Galicia e co asesoramento de Intress. Todo o equipo profesional da entidade participou nas accións formativas e no desenvolvemento e deseño de todo o sistema e da documentación necesaria. 

Como resultado deste esforzo obtivéronse as seguintes certificacións de calidade:

¿Qué é un Sistema de Xestión de Calidade?

A calidade pode definirse como o conxunto de características que fan a un produto ou servizo adecuado ou apto para a súa utilización e así satisfacer ós clientes/ usuarios.

Un Sistema de Xestión de Calidade é unha forma de xestión na que se poñen en funcionamento mecanismos que garantan que o produto ou servizo sexan aptos e acaden o maior nivel de satisfacción dos clientes ou usuarios.

Conceptos básicos

A mellora continua
A filosofía da mellora continua é un eixo fundamental do sistema de xestión de calidade. Trátase de mellorar continuamente e de aprender dos erros. Hai que detectar os defectos, correxilos, previlos e planificar que non se produzan.

A satisfacción do cliente/usuario
Como se veu repetindo en varias ocasións, o obxectivo de APACAF é sempre o de acadar a satisfacción dos seus clientes e usuarios. Neste senso todas as actividades realizadas buscan sempre a satisfacción de familias e usuarios.

As auditorías
Un sistema de Xestión de Calidade avalíase e examínase periodicamente. Unha auditoría externa anual (realizada por unha empresa externa), e unha auditoría interna anual (realizada polos propios traballadores da entidade) son os garantes do correcto desenvolvemento do sistema de xestión de calidade.

A xestión por procesos
É unha metodoloxía corporativa cuio obxectivo é mellorar o desempeño da organización a través da xestión de cada un dos procesos da entidade. Cada proceso é unha actividade concreta e diferenciada que se debe describir paso a paso: deseñar, modelar, organizar, documentar e optimizar de forma continua. 



APACAF
http://www.apacaf.org/
http://www.apacaf.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=152