QUE É?

 

A Fundación FUNDITEA (Fundación para a Promoción de Persoas con Discapacidade, particularmente Trastorno do Espectro Autista), nace no ano 2007 da inquietude dun grupo de familiares membros de APACAF preocupados polo benestar dos seus fillos e  polo seu futuro. Ademais de realizar actividades de apoio e asesoramento ás persoas con discapacidade e ás súas familias, a Fundación está orientada a desenvolver todas aquelas actividades e servizos necesarios para cubrir as necesidades detectadas neste colectivo, facendo tamén unha labor proactiva na defensa dos seus dereitos.

FUNDITEA está:

MISIÓN:
Velar polo benestar das persoas con diversidade funcional, con especial énfase no autismo, ofrecendo apoio e asesoramento e facilitando os servizos e actividades ao longo de todas as etapas da vida.

HISTORIA:

PREMIO TERRRITORIOS SOLIDARIOS  2014  BBVA

A fundación foi depositaria da confianza dos traballadores do BBVA que coa súa colaboración voluntaria fixeron posible un proxecto de atención de centro de día para persoas con autismo no rural, no centro A Penagrande, Moraña, Pontevedra.

Se queres máis información sobre este premio, pincha na noticia á dereita.



APACAF
http://www.apacaf.org/
http://www.apacaf.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=154