Termos e condicións

Normativa de referencia: Reglamento Europeo de Protección de Datos  2016/679.

A donación efectuada pola persoa donante implicará o seu acordo cos seguintes Termos e condicións.

 

1. Proceso de donación. Idade mínima, destinos, contías e contraprestacións


Poderán realizar unha donación tanto persoas xurídicas como persoas físicas. Neste segundo caso, as persoas deberán ter cumprido, como mínimo, os 18 anos de idade.

A persoaa donante deberá efectuar a súa aportación económica seguindo os pasos que lle iremos indicando na subsección “Donar agora”, onde poderá elexir o destino da súa donación (a qué centros, servizos ou actividades de APACAF) e a contía (en euros) da mesma.

A donación non conlevará a entrega, á persoa donante, de ningún ben ou servizo por parte de APACAF, aínda que aquéla sí poderá solicitar ser informada dos resultados conseguidos pola Entidade grazas á súa aportación económica.  

 

2. Formas de pago


As donacións serán abonadas -segundo elección da persoa donante- mediante domiciliación bancaria, tarxeta de crédito, PayPal, chamada telefónica a APACAF ou transferencia bancaria.

 

3. Política de retorno / devolución / cancelación


A persoa donante poderá, de forma xustificada, desistir da donación previamente realizada, sen máis penalización que o coste financeiro que lle supoña a APACAF devolverlle a contía por aquéla aportada.

Este dereito poderá exercitarse exclusivamente durante os 30 días seguintes ó abono, na conta bancaria de APACAF, da donación realizada.

 

 



APACAF
http://www.apacaf.org/
http://www.apacaf.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=159