Plano Estratéxico

APACAF,  no seu compromiso coa calidade e a mellora continua, aprobou en xuño de 2015 o seu III Plan Estratéxico, que terá un periodo de vixencia de 2015 a 2020.
 
En APACAF pensamos que temos moito que aprender sobre  xestión do mundo empresarial e xa no ano 2005 comezamos un camiño de mellora da calidade na xestión para así poder satisfacer mellor as necesidades das persoas con TEA e as súas familias. Un dos froitos deste compromiso coa calidade na xestión foi a elaboración dos distintos planos estratéxicos da entidade:

Liñas estratéxicas do III Plano Estratéxico:

  1. Atención a usuarios: as principais áreas de actuación serán o desenvolvemento e continuación do traballo coa Planificación Centrada na Persoa (PCP); o método Teacch, o programa de Emprego con Apoio, as escalas de valoración na idade adulta,  ou o apoio condutual positivo.
  2. Infraestructuras: traballarase na tramitación e construción dun novo anexo e na rehabilitación da cociña do centro A Braña, entre outras obras de mantemento e imprevistos.
  3. Xestión: as principais áreas de actuación serán a busca de financiamento, mellorar a comunicación externa e interna, manter o sistema de xestión de calidade e optimizar as aplicacións informáticas.

 



APACAF
http://www.apacaf.org/
http://www.apacaf.org/index.php?V_dir=MSC&V_mod=showart&id=30