¿Qué podemos facer xuntos?

Apostamos por colaboracións estables.

Coñece o noso Programa de Esponsorización:

1. INVISTE NOS NOSOS PROXECTOS

Ofrecémosche a oportunidade de colaborar en diferentes proxectos que estamos levando a cabo. Podes colaborar segundo as túas posibilidades, elixindo o proxecto que máis se axuste aos teus intereses e ao teu orzamento. Financia un proxecto concreto, dirixindo a túa achega económica ao proxecto que máis encaixe coa filosofía da túa empresa. 


COÑECE OS NOSOS PROXECTOS

  • Reforma da cociña do centro da Braña; A Estrada. Custe total do proxecto: 15.000
  • Remodelación da enfermería no centro A Braña; A Estrada. Custe total: 5000
  • Reforma e acondicionamiento do solo da planta de dormitorios do centro A Braña.
  • Contribución aos gastos xerais.

2. DONACIÓNS EN ESPECIE. 

As donacións en especie son aquelas que en lugar de aportar diñeiro en efectivo, aportan bens ou servizos. 

DONACIÓN DE BENS: Moitas veces trátase de bens ou servizos propios da empresa doante, pero tamén poden ser bens de consumo diario ou material promocional para eventos.

SERVIZOS PROBONO:

Tamén nos podes axudar ofrecendo os teus servizos. Apoio de profesionais ou técnicos do seu persoal para asesorar ou elaborar tarefas concretas, como pode ser:

  • Deseño web ou creatividade de folletos.
  • Auditoría de contas.
  • Asesoría contable.

3 -PATROCINA UN EVENTO ou ACTIVIDADE DE FORMA PUNTUAL .

Sponsor de eventos deportivos, lúdicos e outros de sensibilización social.

Por exemplo: Evento do Día Internacional do Autismo. 
 

4 -SER SOCIO COLABORADOR

Podes contribuír ao mantemento xeral dos nosos servizos sendo socio colaborador. Terás os mesmos beneficios fiscais.

Podes facerte socio aquí.

      Imprimir