¿Qué gaña a túa empresa?

 

1. BENEFICIOS TANXIBLES:

  • Obtención de beneficios fiscais.

Cada ano, antes do periodo de presentación do IRPF, todas as empresas colaboradoras con APACAF reciben o Certificado Fiscal coas achegas realizadas durante o ano.

a. Dedución do 35% no Imposto de Sociedades.
b. Dedución do 40% si a donación é plurianual durante polo menos 3 anos consecutivos á mesma entidade.
c. Límite do 10% sobre a base liquidable ( si se trata dunha donación illada). Si se suscribe un convenio de colaboración con APACAF non existe límite para a deducción do gasto no Imposto de Sociedades.

  • Difusión e información da túa marca por parte de APACAF. O logo da túa empresa aparecerá nas nosas accións de comunicación, os nosos centros e a nosa páxina web.
  • Asesoramento na creación e xestión dun equipo de RSC. Axudámosche a incorporar políticas de RSC á túa empresa. 

 2. BENEFICIOS INTANXIBLES

  • Maior recoñecemento do teu Target. Cada vez máis os consumidores preocúpanse pola responsabilidade social das empresas. Apostar polo marketing solidario é unha forma de expresar un compromiso social cada vez máis valorado polos consumidores
  • Vinculación da túa empresa e os teus produtos aos valores da solidariedade. Asocia a túa marca aos nosos valores: transparencia informativa, tolerancia e discriminación cero. Ademais estás contribuíndo a mellorar a calidade de vida de persoas con trastorno de espectro autista da túa contorna.
  • Transparencia ao 100 por 100. Rendición de contas dos logros obtidos. Presentación de facturas. Terás Información continuada sobre a evolución dos proxectos financiados.


 

      Imprimir