Canle de denuncias

Dando cumprimento á Ley Orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de Protección de Datos Persoais e Garantía dos Dereitos Dixitais, APACAF pon en marcha a súa Canle de Denuncias, aberto tanto aos seus grupos de interese como a terceiras persoas. Esta Canle está exclusivamente dirixida a recoller condutas ilegais, irregulares ou inconvenientes de calquera acción levada a cabo pola Entidade.

Para facer uso da canle hai dúas opcións:

  1. Escribindo un correo electrónico a canaldedenuncias@apacaf.org explicando o motivo da denuncia e poñendo no Asunto do email o centro ou servizo ao que vai referida dita denuncia. Esta modalidade non será anónima.
  2. Escribindo unha carta a través do correo postal á dirección Rúa Placer nº 5,3ºB, 36202, Vigo, Pontevedra. Especificando no sobre que se dirixe á atención de Canle de Denuncias. Esta modalidade si poderá ser anónima, polo que non se tería que deixar constancia dos datos de contacto.

A tramitación de todas as solicitudes realizarase na maior brevidade posible, establecendo un prazo máximo de 30 días para dar resposta ás mesmas. Se por algunha razón non se puidese enviar resposta nese prazo, informarase ao interesado de que a súa solicitude está en curso e ofreceráselle un novo prazo, sempre e cando se facilitaran os datos de contacto.

Política da Canle

      Imprimir