Transparencia > Plano Estratéxico

Plano Estratéxico

APACAF,  no seu compromiso coa calidade e a mellora continua, aprobou en xuño de 2015 o seu III Plan Estratéxico, que terá un periodo de vixencia de 2015 a 2020.
 
En APACAF pensamos que temos moito que aprender sobre  xestión do mundo empresarial e xa no ano 2005 comezamos un camiño de mellora da calidade na xestión para así poder satisfacer mellor as necesidades das persoas con TEA e as súas familias. Un dos froitos deste compromiso coa calidade na xestión foi a elaboración dos distintos planos estratéxicos da entidade:
  • I Plano Estratéxico 2006-2008  En 2006 elaboramos o I Plano Estratéxico, que tivo un grao de cumprimento do 100%. Este éxito rotundo animounos a seguir na mesma liña para elaborar o segundo plano estratéxico.
  • II Plano Estratéxico 2010-2014. Antes de rematar a vixencia deste II Plano Estratéxico, no ano 2010, fíxose  unha revisión e  procedeceuse á adaptación do mesmo á metodoloxía do Cadro de Mando Integral, posto en marcha coa certificación de calidade EFQM, que APACAF obtivo no ano 2010. Este II Plano Estratéxico tivo un grao de cumprimento do 80%.
  • III Plano Estratéxico 2015-2020.  Para este novo plano estratéxico acordouse manter o modelo de Cadro de Mando Integral e darlle un periodo de vixencia máis longo (5 anos) posto que a experiencia nos di que o tempo é fundamental para acadar obxectivos máis amplos.

Liñas estratéxicas do III Plano Estratéxico:

  1. Atención a usuarios: as principais áreas de actuación serán o desenvolvemento e continuación do traballo coa Planificación Centrada na Persoa (PCP); o método Teacch, o programa de Emprego con Apoio, as escalas de valoración na idade adulta,  ou o apoio condutual positivo.
  2. Infraestructuras: traballarase na tramitación e construción dun novo anexo e na rehabilitación da cociña do centro A Braña, entre outras obras de mantemento e imprevistos.
  3. Xestión: as principais áreas de actuación serán a busca de financiamento, mellorar a comunicación externa e interna, manter o sistema de xestión de calidade e optimizar as aplicacións informáticas.

 

      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
MATERIAIS RELACIONADOS
Documentos
  • Fundacion Lealtad Calidad Calidad Calidad Calidad
  • Centros de Apoio Familiar
  • Calle Placer 5, 3º B
    36202 Vigo
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 226 647
    info@apacaf.org
  • A Braña

    Lugar Pereiro 18. Berres
    36688 A Estrada
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 587 475
  • A Penagrande

    Lugar A Penagrande 1. Laxe
    36668 Moraña
    (Pontevedra)
    Teléfono: 606 906 781
  • El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
    mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa

    Logo Edisa Logo FBarrie Logo EDISA