Plano Estratéxico

APACAF,  no seu compromiso coa calidade e a mellora continua, aprobou en xuño de 2021 o seu IV Plan Estratéxico, que terá un periodo de vixencia de 2021 a 2025.
 
En APACAF pensamos que temos moito que aprender sobre  xestión do mundo empresarial e xa no ano 2005 comezamos un camiño de mellora da calidade na xestión para así poder satisfacer mellor as necesidades das persoas con TEA e as súas familias. Un dos froitos deste compromiso coa calidade na xestión foi a elaboración dos distintos planos estratéxicos da entidade:
  • I Plano Estratéxico 2006-2008  En 2006 elaboramos o I Plano Estratéxico, que tivo un grao de cumprimento do 100%. Este éxito rotundo animounos a seguir na mesma liña para elaborar o segundo plano estratéxico.
  • II Plano Estratéxico 2010-2014. Antes de rematar a vixencia deste II Plano Estratéxico, no ano 2010, fíxose  unha revisión e  procedeceuse á adaptación do mesmo á metodoloxía do Cadro de Mando Integral, posto en marcha coa certificación de calidade EFQM, que APACAF obtivo no ano 2010. Este II Plano Estratéxico tivo un grao de cumprimento do 80%.
  • III Plano Estratéxico 2015-2020.  Para este novo plano estratéxico acordouse manter o modelo de Cadro de Mando Integral e darlle un periodo de vixencia máis longo (5 anos) posto que a experiencia nos di que o tempo é fundamental para acadar obxectivos máis amplos. Este Plano Estratéxico tivo un grao de cumprimento do 80%.
  • IV Plano Estratéxico 2021-2025.  Este novo Plan Estratéxico está alineado coa Axenda 2030 e cos Obxectivos de Desenvolvemeno Sostible (ODS) de Nacións Unidas a favor das persoas, o planeta e a prosperidade en todo o mundo. APACAF neste novo plano alinea os seus eixos estratéxicos para os próximos 4 años cos ODS, aportando así o seu esforzo a este reto mundial.

Liñas estratéxicas do IV Plano Estratéxico:

  1. Impulsar as fortalezas das persoas con TEA e fomentar a participación activa das familias:  as principais áreas de actuación serán o desenvolvemento e continuación do traballo coa Planificación Centrada na Persoa (PCP); o método Teacch, o programa de Emprego con Apoio, as escalas de valoración na edade adulta,  o apoio condutual positivo, a atención ao benestar físico e emocional, o fortalecemento da atención á saúde, a inclusión social e o uso das novas tecnoloxías.
  2. Optimizar os recursos económicos, técnicos e humanos con criterios de eficiencia, transparencia e bo goberno: as principais áreas de actuación serán a búsqueda de financiamento, mellorar a comunicación externa e interna, manter un equipo profesional motivado e formado, e manter o sistema de xestión de calidade.
  3. Traballar a sensibilización social para mellorar o coñecemento sobre as persoas con TEA e a entidade: as principais áreas de actuación serán a realización de campañas de sensibilización social, o desenvolvemento do sistema de alianzas, a participación social e a participación das familias.
  4. Optimizar e mellorar as infraestruturas con criterios de sostibilidade e eficiencia: as principais áreas de actuación serán a reposición dos vehículos da entidade, a ampliación de espazos didácticos no centro A Braña, a realización de reformas e adaptacións dos centros, o desenvolvemento de sistemas de aforro enerxético e o coidado do medio ambiente.

 

      Imprimir