Transparencia > Financiadores

Financiadores

APACAF finánciase grazas ás aportacións que realizan financiadores públicos e privados, ademais das aportacións de socios e usuarios. 
 
O financiamento público procede das administracións central, autonómica, provincial e local a través de contratos e subvencións para o desenvolvemento e mantemento de proxectos.
 
O financiamento propio procede das cotas e o pagamento dos servizos por parte de socios e usuarios.
 
O financiamento privado procede de entidades privadas a través de subvenciónss ou colaboracións para o desenvolvemento de proxectos concretos.
 
               
 
Financiamento público:
 
- Xunta de Galicia. Consellería de Política Social. Contrato  para a reserva e ocupación de prazas en centro residencial con centro de día para persoas con discapacidade na área rural na modalidade de concerto. Contrato inicial firmado o 1 de decembro de 2009, na actualidad vixente a 9ª prórroga do contrato para o período do 01/01/2019 ao 31/12/2019 por un importe de 332.504,08€.
- Xunta de Galicia. Consellería de Economía, Emprego e Industria. Dirección Xeral de Emprego e Formación. Subvención Programas de Cooperación para a contratación de persoas desempregadas, convocatoria 2018, por un importe de 52.749,00€.
Xunta de Galicia. Consellería de Política Social.Subvención concedida con cargo ao IRPF para o desenvolvemento dos seguintes proxectos na convocatoria de 2018:
  • Programa de respiro, apoio e descanso para familiares de persoas con discapacidade: 11.000,00€ 
  • Proxectos de inversión para conservación e mantemento de centros e servizos para persoas con discapacidade: 3.122,84€
- Ministerio de Sanidad, Servicios Sociales e Igualdad. IMSERSO. Financiación para o desenvolvemento do Programa de Turismo e Termalismo.
- Deputación de Pontevedra. Programa de Mantemento de Horta Ecolóxica do centro A Braña, por un importe de 6.000,00€.
- Concello de A Estrada. Financiamento para a realización dun curso de cociña para persoas con discapacidade, por un importe de 1.000€.
- Concello de Moraña. Cesión gratuita do local do centro A Penagrande en Moraña.
 
Financiamento propio:
 
- Aportación usuarios: aportacións correspondentes ao pagamento polos servizos.
- Aportación socios: aportacións correspondentes ao pagamento das cotas de socios.
 
Financiamento privado:
 
- Fundación ONCE: subvencións para o desenvolvemento de distintos proxectos.
-Financiamento ano 2014: equipamiento da aula multisensorial do centro A Braña. Cantidade subvencionada: 5.000€.
-Financiamento ano 2015: renovación e equipamento de baño adaptado no centro A Penagrande. Cantidade subvencionada: 4.000,00€
-Financiamento ano 2016: adaptación de aula-taller a enfermería no centro A Braña. Cantidade subvencionada: 7.515,14€
-Financiamento ano 2017: remodelación cociña do centro A Braña. Cantidade subvencionada: 3.000,00€
-Financiamento ano 2018: acondicionamento despacho de atención a familias e/ou usuarios. Cantidade subvencionada: 3.500,00€
- Fundación Barrié: subvención para a renovación da páxina de web de APACAF a través do programa Más Social - CONECTA. Cantidade subvencionada: 5.500€.
Fundación Orange: subvención para a adquisición de material informático por un importe de 5.000€
-Obra Social La Caixa: subvención para o proxecto de centro de día  para persons con TEA no ámbito rural (centro A Penagrande). Cantidad subvencionada: 12.670€.
- AVANZAS: mantemento do aloxamiento da páxina web de APACAF.
 
 
 
      Mostra este informe sen cabeceiras para imprimilo Imprimir
  • Fundacion Lealtad Calidad Calidad Calidad Calidad
  • Centros de Apoio Familiar
  • Calle Placer 5, 3º B
    36202 Vigo
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 226 647
    info@apacaf.org
  • A Braña

    Lugar Pereiro 18. Berres
    36688 A Estrada
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 587 475
  • A Penagrande

    Lugar A Penagrande 1. Laxe
    36668 Moraña
    (Pontevedra)
    Teléfono: 606 906 781
  • El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
    mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa

    Logo Edisa Logo FBarrie Logo EDISA