Infórmate > Noticias 

Noticias 

A Asemblea de socios de APACAF aproba o III Plano Estratéxico
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

29/06/2015

1 de 1

A asemblea xeral de socios de APACAF aprobou na súa última reunión do 28 de xuño de 2015 o III Plano Estratéxico da entidade. Este  novo Plano Estratéxico estará vixente durante o periodo 2015 a 2020, e os seus principais eixos estratéxicos serán:

  • Na atención a usuarios as principais áreas de actuación serán o desenvolvemento e continuación do traballo coa Planificación Centrada na Persoa (PCP); o método Teacch, o programa de Emprego con Apoio, as escalas de valoración na idade adulta,  ou o apoio condutual positivo.
  • En infraestructuras traballarase na  construción dun novo anexo e na rehabilitación da cociña do centro A Braña, entre outras obras de mantemento e imprevistos.
  • En xestión as principales áreas de actuación serán a busca de financiamento, mellorar a comunicación externa e interna, manter o sistema de xestión de calidade ou optimizar as aplicacións informáticas.

A asemblea de socios de APACAF aprobou tamén a memoria de actividades da entidade, as contas anuais de 2014,  e os orzamentos para 2015. Todos estes documentos están dispoñibles na nosa páxina web.

Como é habitual, a asemblea finalizou cunha comida de confraternidade entre socios, profesionais e usuarios nun ambiente festivo e cordial.

Arquivada en:

Infórmate > Novas

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

  • Fundacion Lealtad Calidad Calidad Calidad Calidad
  • Centros de Apoio Familiar
  • Calle Placer 5, 3º B
    36202 Vigo
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 226 647
    info@apacaf.org
  • A Braña

    Lugar Pereiro 18. Berres
    36688 A Estrada
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 587 475
  • A Penagrande

    Lugar A Penagrande 1. Laxe
    36668 Moraña
    (Pontevedra)
    Teléfono: 606 906 781
  • El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
    mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa

    Logo Edisa Logo FBarrie Logo EDISA