Infórmate > Noticias 

Noticias 

Obras dos artistas do centro A Penagrande nunha exposición no auditorio de Caldas de Reis
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

03/02/2017

Reciben un premio do certame "Olladas de Pontevedra"

1 de 1

O día 13 de decembro de 2016 inaugurouse unha exposición de pintura e traballos artísticos realizados por persoas con diversidade funcional no auditorio de Caldas de Reis que se poderá visitar durante as festas de Nadal

As obras foron seleccionadas de toda a provincia de Pontevedra pola Asociación Galega das Artes da que é a súa fundadora Puri Togariños, artista de recoñecido prestixio.

Ao acto de inauguración acudiron o alcalde de Caldas, Juan Manuel Rey, a concelleira  María López Buceta, e a deputada de Cohesión Social e Xuventude pola Deputación de Pontevedra,  Digna Rivas Gómez,  así como os artistas seleccionados que puideron compartir ilusións cos demais invitados.

 Neste acto, Candela recolleu o 3º premio en nome seu e do seu compañeiro Jimmy.

A Fundación FUNDITEA organiza un curso de expresión artística para persoas con autismo no Centro A Penagrande sito en Moraña, financiado por a Deputación de Pontevedra e impartido por a Asociación Galega das Artes. Neste curso os rapaces desenvolven ao longo de todo o ano a súa expresividade artística. Ademais de diversos cadros e pinturas, están a desenvolver un gran mural no centro aínda en proceso de execución e do que xa iremos dando conta segundo se vaia rematando! 

 

Arquivada en:

Infórmate > Novas

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

  • Fundacion Lealtad Calidad Calidad Calidad Calidad
  • Centros de Apoio Familiar
  • Calle Placer 5, 3º B
    36202 Vigo
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 226 647
    info@apacaf.org
  • A Braña

    Lugar Pereiro 18. Berres
    36688 A Estrada
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 587 475
  • A Penagrande

    Lugar A Penagrande 1. Laxe
    36668 Moraña
    (Pontevedra)
    Teléfono: 606 906 781
  • El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
    mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa

    Logo Edisa Logo FBarrie Logo EDISA