Noticias 

© APACAF | 08/04/2016 | DMCA_chicos

Celebración de APACAF do Día Mundial do Autismo

Un posto informativo e a lectura do manifesto centraron as actividades 

05/05/2016 | A Estrada

APACAF conmemorou o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo o pasado 2 de abril con varias actividades no Novo Mercado da Estrada. Colocouse un stand informativo onde se puxeron á venda manualidades realizadas polos usuarios do centro A Braña. Repartíronse globos azuis e folletos informativos, ademais de repostería elaborada polos rapaces do centro. Como acto central realizouse a lectura do manifesto e unha roda solidaria na que participaron nenos e nenas das escolas de atletismo da Estrada.  

Arquivada en:
Infórmate > Novas