Noticias 

© APACAF | 21/03/2017 | Cartel_DMCA_2017

#Día Mundial do Autismo 2017

Un concerto benéfico no Teatro Principal será o acto principal

09/05/2017

Os actos programados por APACAF para a celebración do Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo desenvolveranse o sábado 1 de abril ao longo de todo o día.

Pola mañá APACAF colocará un stand informativo no Novo Mercado da Estrada, na porta principal. Repartiranse entre todos os que se acheguen ao stand globos azuis e folletos informativos sobre o Trastorno do Espectro do Autismo e sobre APACAF.

Ás 12:00 da mañá procederase á lectura do manifesto e realizarase un acto simbólico de romper as barreiras coas que se atopan as persoas con autismo. O lema da campaña este ano é “Rompamos xuntos barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible”

Ás 20:00 iniciarase o concerto benéfico no Teatro Principal, que contará coa actuación da masa coral da Estrada, da masa coral de Berres, Os Lóstregos da Estrada e o grupo Aquamúsica de Ourense. O acto estará presentado por José Lueiro e ao final do mesmo sortearase un vale de compra da ACOE.

Para a celebración do Día do Autismo APACAF contou coa colaboración do concello da Estrada, da ACOE, e dos grupos participantes no concerto benéfico: masa coral da Estrada, masa coral de Berres, Os Lóstregos da Estrada e o grupo Aquamúsica de Ourense.

Arquivada en:
Infórmate > Novas