Noticias 

© APACAF | 31/01/2019 | OFoxo_2019_1

Concerto solidario no colexio do Foxo a favor de APACAF

25/02/2019

O colexio de O Foxo e a Coral Polifónica de Berres organizaron un concerto solidario a favor de APACAF o 30 de xaneiro de 2019 para conmemorar o día da Paz.
Baixo o lema “EMOCION-ARTE” o colexio enmarca o concerto dentro do programa de actividades que están a realizar durante todo o curso para desenvolver as emocións dos rapaces a través da arte e outras actividades.
O concerto celebrouse no salón de actos do colexio do Foxo e nel estiveron presentes todos os alumnos do centro escolar, numerosos familiares e veciños, así como varios usuarios do centro A Braña de APACAF. Actuaron a Coral Polifónica de Berres, o cantautor Manoele de Felisa, e os alumnos colaboraron coa lectura de poemas de José Luna, mestre do colexio.
O colexio do Foxo ven realizando unha actividade solidaria deste tipo dende hai anos, e en 2019 decidiron colaborar con APACAF visibilizando o colectivo e facendo entrega da recadación acadada entre as familias dos alumnos e membros da ANPA, veciños e colaboradores. A recadación acadada polo colexio ascendeu a 520€
Pola súa banda, a Coral Polifónica de Berres aproveitou o evento para facer unha doazón solidaria a APACAF de 200€, como ven facendo dende hai varios anos.
O total da recadación, 720€, irán destinados ao taller de arte que APACAF ten no centro A Braña de Berres e no centro A Penagrande de Moraña
APACAF agradece a todos os doantes a colaboración económica e tamén o apoio e o esforzo amosado coa entidade e a visibilización do colectivo.

      

      

Arquivada en:
Infórmate > Novas