Noticias 

© APACAF | 02/09/2019 | Campamentos-2019-1

Campamentos de verán 2019

02/09/2019 | Días de descanso e lecer en Berres

Durante todo o mes de agosto desenvolvéronse no centro A Braña, na Estrada, os campamentos de verán de APACAF. Participaron rapaces de toda Galicia que desfrutaron do entorno natural do centro e das actividades de ocio e tempo libre programadas, como sendeirismo, xogos, talleres, coidado da horta ecolóxica ou sesións de relaxación.

Este ano os participantes nos campamentos visitaron tamén a Lagoa se Pedras Miúdas en Catoira e o Castro de Doade en Lalín, ademais de facer saídas a cafeterías ou de sendeirismo pola contorna.

Participan nestes campamentos os usuarios do servizo de ocio e tempo libre da entidade, que desfrutan deste servizo durante todo o ano e tamén desta estancia de 7 días no verán.

APACAF desenvolve estes campamentos de verán dirixidos a persoas con Trastorno do Espectro Autista dende hai máis de 20 anos, no inicio das súas actividades no ano 1993.

            

               

Arquivada en:
Infórmate > Novas