Noticias 

© APACAF | 31/10/2019 | Xornada Inclusión 1

APACAF participa no IV Encontro Provincial pola Inclusión

Organizado pola Deputación de Pontevedra

13/12/2019

APACAF participou na xornada de convivencia do IV Encontro Provincial pola Inclusión cunha exposición de produtos ecolóxicos. O evento, organizado pola Deputación de Pontevedra, celebrouse o 29 de outubro e nel participaron preto de 300 persoas con discapacidade de toda a provincia.

APACAF estivo representada por varios usuarios do centro A Braña e presentou unha mesa con produtos ecolóxicos da horta do centro, un proxecto cofinanciado pola Deputación de Pontevedra. A mesa de APACAF contaba con produtos de tempada como cabazas, mazás, cebolas, pementos, tomates ou millo do país e tamén con ovos ecolóxicos das galiñas do centro. A horta do centro A Braña é atendida e coidada polos usuarios do centro e está certificada polo CRAEGA (Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia).

Os participantes na xornada de convivencia deste Encontro pola Inclusión puideron desfrutar dun taller de bailoterapia a cargo da bailarina Gabrielle Galle e dun espectáculo a cargo do actor, humorista e ventrílocuo Al Guanella. O evento finalizou cun ágape para todos os asistentes.

A xornada técnica do IV Encontro Provincial pola Inclusión celebrouse o día anterior, o 28 de outubro, e nela desenvolvéronse distintas mesas e coloquios sobre a inclusión educativa, a xuventude e a diversidade funcional e o envellecemento activo en persoas con diversidade funcional.

     

 

Arquivada en:
Infórmate > Novas