Noticias 

© APACAF | 14/02/2020 | Mondariz_1

APACAF Visita a “Exposición LEGO” de Familias Azuis

Visitamos tamén o centro Hípico CEMAR 

19/04/2020

Un grupo de usuarios do servizo de residencia de APACAF visitou en Mondariz a “Exposición LEGO” que organizou a asociación Familias Azuis, de Ponteareas. A exposición estaba composta de numerosas construcións de LEGO realizadas polos propios nenos e nenas con autismo da asociación Familias Azuis durante o pasado verán en talleres de ocio e tempo libre en Ponteareas e Cambados.

A asociación Familias Azuis de Ponteareas é unha asociación de familiares de nenos e nenas con autismo de moi recente creación, no ano 2017. Benvidos e grazas por convidarnos a esta actividade.

Aproveitamos a xornada para visitar tamén as instalacións do centro Hípico CEMAR de Mondariz. Os profesionais deste centro ofrecéronnos unha visita guiada na que  puidemos interactuar cos cabalos acariñando aos ponis Betty, Bilma e Pepín e peiteando a Acuarela e a Niña.

      

Arquivada en:
Infórmate > Novas