Infórmate > Noticias 

Noticias 

Deputación de Pontevedra subvenciona a horta ecolóxica do centro A Braña de APACAF
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

23/10/2020

1 de 1

A Deputación de Pontevedra apoia un ano máis a horta ecolóxica do centro A Braña de APACAF a través das subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro no ámbito social.

A horta ecolóxica é unha das actividades preferidas dos usuarios do centro, nela participan durante todo o ano facendo tarefas de mantemento, plantación e recollida de produtos como leitugas, fresas, tomates, cabaciños, cebolas, etc. A tarefa preferida sen dúbida é a recolleita, pero regar tamén gusta moito. Tamén se fan actividades de coidado do galiñeiro, como darlle de comer ás galiñas e recoller os ovos cos que despois facemos estupendos pratos caseiros.

Todos os produtos se destinan á cociña do centro e en moitas ocasións son os propios usuarios os que axudan a facer a comida no taller de cociña ou repostería.

O centro A Braña ten en funcionamento a súa pequena horta ecolóxica dende os anos 90  e conta coa certificación de agricultura ecolóxica do CRAEGA

Arquivada en:

Infórmate > Novas

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

  • Fundacion Lealtad Calidad Calidad Calidad Calidad
  • Centros de Apoio Familiar
  • Calle Placer 5, 3º B
    36202 Vigo
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 226 647
    info@apacaf.org
  • A Braña

    Lugar Pereiro 18. Berres
    36688 A Estrada
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 587 475
  • A Penagrande

    Lugar A Penagrande 1. Laxe
    36668 Moraña
    (Pontevedra)
    Teléfono: 606 906 781
  • El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
    mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa

    Logo Edisa Logo FBarrie Logo EDISA