Infórmate > Noticias 

Noticias 

Residentes e traballadores do centro A Braña vacinados fronte ao Covid-19
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

05/01/2021 | A Estrada

1 de 1

Os residentes e os traballadores do centro A Braña recibiron a vacina fronte ao Covid-19 o 2 de xaneiro de 2021.

Jimmy, Candela e César foron os primeiros en recibir a vacina e tras eles todos os demais residentes e traballadores.

Dúas enfermeiras especialistas en Enfermería Familiar e Comunitaria do Sergas achegáronse ao centro para vacinar aos 10 residentes e 17 traballadores. Todo se desenvolveu con normalidade e non se produciu ningunha reacción adversa.

Coa administración da vacina comezamos o novo ano coa esperanza de que todo vaia mellorando pouco a pouco e deixar atrás un ano 2020 marcado polas restricións e dificultades derivadas da pandemia.

Tras a primeira dose da vacina haberá que esperar uns días para administración da segunda, e a pesar de estar vacinados seguiremos con todas as medidas de prevención e de seguridade, coidándonos.

       

Arquivada en:

Infórmate > Novas

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias
Boletín

Mantente informado/a

Recibe o noso boletín

Máis info

  • Fundacion Lealtad Calidad Calidad Calidad Calidad
  • Centros de Apoio Familiar
  • Calle Placer 5, 3º B
    36202 Vigo
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 226 647
    info@apacaf.org
  • A Braña

    Lugar Pereiro 18. Berres
    36688 A Estrada
    (Pontevedra)
    Teléfono: 986 587 475
  • A Penagrande

    Lugar A Penagrande 1. Laxe
    36668 Moraña
    (Pontevedra)
    Teléfono: 606 906 781
  • El desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
    mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa

    Logo Edisa Logo FBarrie Logo EDISA