Noticias
© APACAF | 08/01/2021 |
Participación social a través do deporte, unha forma de inclusión para as persoas con discapacidade
10/10/2020
APACAF ten en funcionamento dende hai anos un programa de participación social a través do deporte mediante a realización de actividades compartidas entre persoas con e sen discapacidade en espazos públicos co obxectivo de acadar maiores niveis de coñecemento, concienciación e inclusión social do colectivo das persoas con TEA.
As actividades principais desenvolvidas por APACAF neste programa son a participación e presencia en eventos ou actividades deportivas. Unha destas actividades é o curso semanal de natación na piscina da Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) da Estrada ao que acoden un grupo de residentes do centro A Braña. Outras actividades desenvolvidas son as rutas de sendeirismo que realizan os usuarios dos servizos de APACAF ou as actividades en espazos comunitarios.
O programa está subvencionado pola Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Arquivada en:
Infórmate > Novas