FINS E ACTIVIDADES
FINS:
Son fins estatutarios de FUNDITEA:
-
Apoiar, asesorar, orientar e acompañar ás personas con discapacidade e/ou TEA na toma de decisións e no relativo a o seu benestar e á administración dos seus bens.
-
Promover e xestionar recursos residenciais, de ocio e tempo libre e de rehabilitación psico-social e laboral que contribúan ó benestar ou a mellora da calidade de vida das persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA.
-
Xerar emprego, mediante cualquera forma legal, protexido ou non, para a integración laboral das persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA.
-
Promover a formación nos seguintes eidos:
-
Promoción e realización de iniciativas relacionadas coa investigación sobre discapacidade e especialmente sobre o Trastorno do Espectro Autista, que poidan axudar na mellora da calidade de vida deste colectivo
-
Promover a formación de profesionais cualificados relacionados con este sector o con outros ámbitos, particularmente os que teñen unha maior influencia na calidade de vida destas persoas (escolar, sanitario, empresarial...), así como doutras persoas que desexen máis formación sobre estes aspectos.
-
Formación social, laboral e académica de persoas con discapacidade, con especial atención a persoas con TEA
-
Orientación laboral e social necesaria para acadar o maior nivel de integración laboral e social das persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA
-
Formación a familias de persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA.
-
Orientación e asesoramento a familias de persoas con discapacidade, con especial interese aquelas con TEA, para que teñan acceso ós recursos máis axeitados ás súas necesidades
-
Difusión social dunha imaxe positiva e normalizada do concepto de discapacidade como “diversidade funcional” tal como se define na CIF: Clasificación Internacional do Funcionamento, da Discapacidade e da Saúde. OMS. IMSERSO. 2001.
ACTIVIDADES:
-
Levar a cabo cantas actuacións xurídicas, administrativas o doutra índole que pudera exigir a protección do interés vital das persoas con discapacacidade e especialmente aquelas con TEA.
-
Buscar o patrocinio de empresas e doutras entidades, e establecerá a necesaria colaboración coas diferentes Administracións Públicas, a fin de promover e apoiar a creación de recursos de atención residencial, de ocio e tempo libre e de rehabilitación psicosocial e laboral, e outros que contribúan á integración social das persoas con discapacidade, particularmente aquelas con TEA .
-
Asumir un papel activo no apoio á contratación e promoción de emprego de persoas con discapacidade, especialmente aquelas con TEA, así como da súa orientación e formación laboral
-
Promover todas aquelas actividades formativas de interese para acadar a integración social deste colectivo, tales como xornadas, cursos, simposiums, publicacións, etc.
-
Apoiar e promover todas aquelas accións que contribúan a unha maior difusión social dunha imaxe integradora e normalizada
-
En xeral, desenvolver todas aquelas actividades encaminadas ó cumprimento dos seus fins.
Imprimir