Noticias
© APACAF | 07/01/2022 | IRPF_2021
O IRPF financia varios programas en APACAF
20/02/2022
APACAF ten en funcionamento dende hai anos os programas de respiro familiar e de autonomía persoal e máis recentemente púxose en marcha o programa de envellecemento activo para persoas con TEA, todos eles dirixidos a mellorar a calidade de vida das persoas con autismo e das súas familias.
Durante o ano 2021 estes programas contaron co cofinanciamento da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, a través das subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF)
- Programa de respiro, apoio e descanso para familiares de persoas con discapacidade: 9.300,00€
- Programa dirixido a mellorar a calidade de vida, a autonomía persoal e a inclusión social e laboral das persoas con discapacidade: 5.583,36€
- Programas que favorecen o apoio ao envellecemento: 2.500€
Arquivada en:
Infórmate > Novas