Infórmate > Noticias 

Noticias 

APACAF acredita de novo a súa Transparencia e Boas Prácticas
Compartir en Facebook Compartir en Twitter

02/09/2021

1 de 1

APACAF acaba de renovar o seu compromiso coa Transparencia e Boas Prácticas obtendo de novo a acreditación da Fundación Lealtad.

O equipo de analistas de Fundación Lealtad constatou que APACAF cumpre integramente os 9 Principios de Transparencia e Boas Prácticas. Para elo avaliaron diferentes aspectos como o bo funcionamento do órgano de goberno da entidade e o uso eficaz dos seus recursos, así como a coherencia das actividades coa misión de interese xeral, entre outros.

Segundo as cifras analizadas, APACAF xestionou en 2019  un gasto de 535.675 euros que distribuíu do seguinte xeito: o  90,1% destinouse á misión, o 6% á administración da entidade e o 3,9% restante á captación de fondos.

Nos centros de APACAF ofrécense servizos para mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade, especialmente persoas con Trastorno do Espectro Autista (TEA):

  • Residencia: centro A Braña no que viven permanentemente un grupo de adultos con TEA
  • Respiro familiar: estancias de fin de semana de ocio e tempo libre con actividades dirixidas ao benestar emocional e físico
  • Centro de día: actividades  de autonomía persoal e para mellorar a inclusión social

 

Arquivada en:

Infórmate > Novas

MATERIAIS RELACIONADOS
Noticias