09/05/2023
Chámao polo seu nome
1 de 1
© APACAF
APACAF conmemorou este ano o Día Mundial do Autismo participando nun acto colectivo en Santiago de Compostela organizado pola Federación Autismo Galicia onde participaron numerosas entidades do sector galego do autismo. Nesta actividade de reencontro tras tres anos de pandemia os participantes colaboraron na creación dun mural colectivo co obxectivo de visibilizar e concienciar sobre a participación e a igualdade de oportunidades das persoas con TEA e as súas familias.
Para conmemorar o Día Mundial do Autismo, ademais desta actividade, APACAF fixo saídas á contorna para concienciar e solicitar o apoio de administracións e colaboradores, así como unha campaña nas redes sociais, en prensa e a solicitude de iluminación de azul dos concellos de Moraña e A Estrada.
O lema da campaña do Día Mundial do Autismo deste ano era “Chámao polo seu nome”, co que se pretendía destacar a variabilidade do espectro do autismo, a especificidade do trastorno e o orgullo de pertenza ao colectivo.
Arquivada en:
Infórmate > Novas
A Braña
Lugar Pereiro 18. BerresA Penagrande
Lugar A Penagrande 1. LaxeEl desarrollo de esta WEB ha sido posible gracias al
mecenazgo de la Fundación Barrié y la RSC de Edisa