Día Mundial do Autismo 2017

APACAF conmemora este día con actividades informativas e un concerto benéfico

Desde - Hasta: 05/04/2017 - Actualmente

DÍA MUNDIAL DO AUTISMO 2017


APACAF celebrou o Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo con actividades que se desenvolveron durante varios días e cunha campaña informativa que tivo un alcance de máis de 22.000 persoas nas nosas redes sociais:

Posto informativo

APACAF colocou un posto informativo no Novo Mercado da Estrada onde ao longo de toda a xornada se repartiron folletos informativos sobre o centro A Braña e sobre o Trastorno do Espectro do Autismo, ademais de globos azuis e repostería de elaboración propia.

 

Roda solidaria

O acto central consistiu na lectura do manifesto oficial e unha roda solidaria na que os participantes romperon simbolicamente as barreiras polo autismo. Na roda solidaria estiveron presentes o alcalde da Estrada, José López, a concelleira de Servizos Sociais do concello, Amalia Goldar, e as edís Belén Louzao do PSOE e Mar Blanco de Móvete.

 

Concerto benéfico a favor de APACAF

O acto principal da celebración do Día Mundial do Autismo de APACAF foi o concerto benéfico en favor das persoas con autismo que viven no centro A Braña. Tivo lugar no Teatro Principal da Estrada o sábado 1 de abril. Participaron de forma solidaria as seguintes agrupacións:

  • Coral Polifónica de Berres
  • Coral Polifónica Estradense
  • Agrupación de acordeóns Os Lóstregos de A Estrada
  • Aqua Música e colaboradores de Ourense

Ao final do concerto sorteouse unha tarxeta regalo da ACOE (Asociación de Comerciantes da Estrada)
A recadación acadou os 1.000€, que se destinarán ao acondicionamento da aula multiusos do centro A Braña.

 

Rompamos as barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible

Unha das principais actividades realizadas foi a campaña de "Rompamos as barreiras polo autismo. Fagamos unha sociedade accesible" que consistía en romper un papel ou cartulina na que estaba escrita unha barreira á que se teñen que enfrontar as persoas con autismo. Co acto de romper o papel, simbolizábase a rotura das barreiras do autismo. APACAF realizou unha campaña informativa e de participación da cidadanía na Estrada, e fixo que numerosas persoas colaboraran rompendo as barreiras polo autismo.
APACAF colaborou activamente a través das súas redes sociais coa difusión do hastag oficial #DiaMundialAutismo.

Presenza de APACAF nos medios de comunicación

A prensa local fixo un amplo seguimento das actividades realizadas por APACAF para celebrar o Día do Autismo:

• Radio Estrada. Entrevista á presidenta de APACAF o 31/03/2017 (Minuto 37 a 52)
La Voz de Galicia Deza-Tabeirós del 31/03/2017               
• Faro de Vigo Tabeirós Montes del 31/03/2017                     
La Voz de Galicia Deza-Tabeirós del 02/04/2017                             
• Faro de Vigo Tabeirós Montes del 02/04/2017     
Faro de Vigo Tabeirós-Montes del 04/04/2017                      

APACAF mantivo moi activas as súas redes sociais para conmemorar o Día do Autismo, chegando a mais de 22.000 persoas alcanzadas nunha semana a través do noso Facebook