APACAF conta co selo de ONG Acreditada de Fundación Lealtad

Acredita así a súa Transparencia e Boas Prácticas na xestión

Desde - Hasta: 25/04/2017 - Actualmente

A Fundación Lealtad, institución independente e sen ánimo de lucro, outorgou o Selo ONG Acreditada a APACAF. Trátase dun distintivo estatal que recoñece o cumprimento de 9 Principios de Transparencia e Boas Practicas de xestión. Ademais, axuda a identificar de forma clara e sinxela a aquelas ONG que ofrecen información completa sobre a súa xestión e actividades e sobre a orixe e destino dos seus fondos.

Segundo a análise realizada pola Fundación Lealtad, APACAF cumpre integramente os nove principios de Transparencia e Boas Prácticas. Un equipo de analistas avaliaron diferentes aspectos da entidade como o bo funcionamento do órgano de goberno, o uso eficaz dos seus recursos, se a súa comunicación é fiable, así como a coherencia das súas actividades coa súa misión.

Para a presidenta de APACAF, Mª José Ferradáns Villar, lograr este distintivo de confianza supón “ unha garantía para as familias socias e para os financiadores da boa xestión da entidade e vai ser unha vantaxe competitiva á hora de solicitar axudas nunha sociedade cada vez máis esixente”.

A acreditación co selo de Transparencia e Boas Prácticas supón un fito máis para APACAF no proceso de mellora continua que iniciou no ano 2008 coa concesión da certificación de calidade ISO 9001 e co compromiso coa Excelencia Europea (EFQM) acadado en 2011.