Noticias
© APACAF | 14/10/2026 | Deputación-2026-1
A Deputación de Pontevedra subvenciona a horta ecolóxica do centro A Braña de APACAF durante todo o ano 2026
14/10/2026
A Deputación de Pontevedra apoiou durante todo o ano 2026 a horta ecolóxica do centro A Braña de APACAF a través das subvencións dirixidas a entidades sen fins de lucro no ámbito social.
A horta ecolóxica do centro A Braña é unha das actividades preferidas polas persoas usuarias e nela participan durante todo o ano facendo tarefas de mantemento e recollida dos produtos como leitugas, tomates ou cabaciños. Toda a produción está dirixida ao autoconsumo e inclúese no menú diario de elaboración propia.
Este ano contamos coa colaboración de David Botana, un permacultor da contorna que nos axuda no mantemento da horta seguindo os principios da permacultura, un sistema de coidado da natureza aplicado á agricultura que imita os patróns dos ecosistemas naturais para crear espazos autosuficientes e rexenerativos.
O centro A Braña ten en funcionamento a súa pequena horta ecolóxica dende os anos 90 e conta coa certificación de agricultura ecolóxica do CRAEGA.



Arquivada en:
Infórmate > Novas





