Noticias 

© APACAF | 10/05/2024 | XSolidaria 2024

APACAF participa na Estrada nun acto de apoio ao X Solidario

09/05/2024

APACAF participou no acto organizado na Estrada para solicitar aos contribuíntes marcar o X Solidario na declaración da renda, o recadro de “Fins Sociais” dirixido a Actividades de Interese Social. No acto participaron, xunto con APACAF, COGAMI-Medelo e AGADEA-Alzheimer A Estrada, entidades que dan servizos a persoas en situación de vulnerabilidade da comarca. As entidades sociais vense beneficiadas por axudas públicas procedentes da asignación do 0,7% dos impostos que se recadan mediante o IRPF. APACAF recibe por este concepto axudas para o mantemento dos programas de Respiro Familiar, Envellecemento Activo e Participación Social, e durante o ano 2023 recibiu tamén financiación para a compra dunha furgoneta nova. Para facer o chamamento a marcar o X Solidario na declaración da renda, as persoas usuarias e traballadoras das entidades participantes no acto da Estrada formaron un cartel xigante coas palabras “Equipo X Solidario”

Arquivada en:
Infórmate > Novas